top of page

A Banda

_M8A9984_1-2.jpg
XOANRRORÍFICO CURIEL
(Xoan Curiel)

É o autor das cancións da Banda do Verán. Ademais, é guitarrista e unha das voces principais do disco xunto con Jara Ortiz. Xoán ademais é o escritor e un dos protagonistas do conto que trata de cando viviron unha terrorífica e divertida aventura na Casa do Terror.

 

Xoán é un artista polifacético, pois ten cantado, bailado, feito composicións, actuado dirixido e gravado en moitos proxectos como, por exemplo, a Banda do Verán, coa que leva feitos espectáculos como Concerto Didáctico e  Concerto TICS. Tamén ten tres discos anteriores que se chaman Nai, Magnético Zen e Ecuacións e ten colaborado e compartido escenario con artistas como Joao Afonso, Javier Álvarez, Maira Andrade, Carlos do Carmo, Margareth Meneçes e moitos mais. Xoán estivo tamén noutras compañías de teatro infantil e de teatro de adultos como Pífano S.L. ou Os Quinquilláns S.L.

 

JAROSKA HORROROSKA 
(Jara Ortiz)

 

É outra voz principal. Ela é unha persoa moi divertida e encántalle inventar aventuras e bailar.

 

É unha experta cantareira e pandeireteira e dá aulas de pandeireta e canto tradicional na asociación A Xuntanza, do barrio de San Pedro, Santiago de Compostela.

 

Tamén toca o bombo e, ademais diso, compón cancións (véxase Arco da vella do disco Estamos no verán!!!) e canta diversos estilos musicais. Podédela ver en formacións como Habelas Hainas, e tamén cantando en discos de artistas como Uxía, Xabier Díaz e Guille Fernández ou Xoán Curiel, entre outros.

_M8A0312_1-1.jpg
_M8A1247_1-1.jpg
SOFICIA ADAMS
(Sofía Espiñeira)

É a bailarina da Casa do terror. Non é exactamente a persoa máis agradable do mundo, pero todo é collerlle o punto. Desborda enerxía e é unha experta en facer bailes terroríficamente divertidos. Se pode ser en compañía, mellor! Gústalle asustar, quitarse mocos, cuspir, facer receitas perversas, arrolar polo chan, pegar chimpos e facer piruetas.

Polifacética, goza descubrindo formas de expresión, polo que tamén fai circo, teatro e música. Ademáis da Banda do verán actualmente tamén está noutros proxectos como a compañía Teatro ó Cubo, cos espectáculos teatrais para público familiar O faiado, Ghop! e Nube nube sol. En canto ao público adulto conta co espectáculo Matrioskas, onde mestura narración oral e música xunto coa contadora Marta Ortiz. E por último tamén está adicada ao seu proxecto musical como cantautora, co seu disco Alá onde agroman as herbas, e un segundo traballo en camiño para o vindeiro ano.  

O CONDE CARLESTAIN
(Carlos Freire)

 

É o batería da Banda do Verán.  Leva na Banda do Verán dende os inicios e no último espectáculo volveuse un pouquiño "zombi".

Carlos é un gran batería e percusionista, e estudou en lugares como o Seminario permanente de Jazz de Pontevedra ou o Conservatorio superior da Coruña. Estudou con mestres como Eliseo Parra, Quin Garcia, Abe Rábade entre outros.

 

Tocou con moitísimos grupos e grandes artistas, pero, para resumir, mencionamos só algúns: Kepa Junkera, Xosé Manuel Budiño, Anxo Pintos, Rodrigo Romaní, Roberto Somoza, Marcos Teira , Banda Crebinski, Aline Frazao, Chris Kase, Sergio Tannus, Njala Sami, Alejandro Vargas, Susana Seivane; Xoán Curiel, A Banda das crechas, Tic Tac ou Xoel Lopez.

_M8A9630_1.JPG
_M8A9332_1 - 1.jpg
ANTÓN TERRORONCHO
(Antón Fernández)

Antón Terrorroncho é o baixista da Banda do Verán, ainda que o que realmente quere ser é corista, pero a súa voz e o feito de ser un zombie non lle permiten manter a compostura diante dos micrófonos. Colaborou como arranxista no disco A Casa do Terror xunto con Xoán Curiel e o resto da banda, e forma, na compaña do Doutor Carlestein unha das bases rítmicas máis terroríficas de todo o panorama musical galego.

 

Ademáis de coa Banda do Verán, Terrorroncho colabora de xeito habitual con grupos como Nao, The Narts, Grüvzilla, The Shakers, Liviao de Marrao ou Monoulious Dop, e esporádicamente en The Funkles, Michael Legend, Acûstica e moitos máis. A Casa do Terror é o seu undécimo traballo editado, tras o seu paso por proxectos como Ruxe-Ruxe, Medomedá, Bolboreta ou o musical Galicia Canibal.

 

Diplomado en maxisterio musical pola USC, ten o grado 8, cun sobresaínte, na especialidade de baixo eléctrico na escola inglesa de Rockschool.

ALEX CENMEDOS
(Alex Salgueiro)

É o teclista da banda. Alex é un pouco tímido e non fala moito, mais toca o teclado moi, moi ben… Dende o seu asento, nos espectáculos Estamos no verán!!! e A Casa do Terror, dispara sons que os rapaces e rapazas poden escoitar en directo (como os ladridos do can, ou o muxir dunha vaca); ademais, tamén toca percusión e a frauta.

 

Ten tocado e toca con grupos como a Banda de Música municipal da Estrada, ou cos grupos: A Matraca Perversa, Galegoz, A Magnifique Bande, Virxilio Da Silva Odysseia, Paco Charlín Jazz Frequency Group, Chanzo e por suposto a Banda do Verán.

_M8A9686_1 - 1.jpg
bottom of page