A BANDA DO VERÁN
Xoán Curiel
Infantil
eSpEcTáCuLo!
Despois de percorrer os escenarios galegos co libro-disco infantil Estamos no verán!!! (da man da editorial GALAXIA), presentamos o noso novo espectáculo: A Casa do Terror que gaña .
A Casa do Terror é unha aventura, na cal un grupo de amigos vese obrigado a durmir nunha casa encantada e vive aventuras divertidas e terroríficas relacionadas coa música, a amizade e a superación dos propios medos. A perspectiva do terror é abordada neste espectáculo dun xeito divertido e lévase a cabo a través de personaxes divertidas coma as pulgas sombis, o lobo lover, ratatiburóns, gativampiros, o monstro da lavadora, a pantasma con asma, e un longo etc…
Este é un divertido e dinámico espectáculo musical con cancións, danzas, elementos teatrais ou de clown e sobre todo moita participación do público asistente.
Artistas en escea:
Xoanrrorífico Curiel (Guitarra eléctrica e voz)
Jaroska Horroroska (Voz)
O Conde Carlestein (Batería)
Antón Terroroncho (Baixo eléctrico)
Alex Cenmedos (Teclados)
Soficia Adams (Danza)
Dirección do espectáculo: Xoan Curiel
Creación: Xoan Curiel, Marta Alonso e Jara Ortiz
Asistencia de dirección: Jara Ortiz, Marta Alonso e Sofía Espiñeira
Coreografía e asistencia de movemento: Marta Alonso e Sofía Espiñeira
Vestiario: Uxia Pereiro Vaello
Escenografìa: Tócolo
Musicas orixinais do espectáculo: Xoan Curiel e Alex Salgueiro
Agradecemos: Carlos Freire, Anton Fernández, Alfonso Camarero, Elena Curiel, Ania Piñeiro, David Santomil.