top of page

O Libro - Disco

 

Estamos no verán!!! é a primeira novela-disco da literatura galega, con texto de Charo Pita, música e cancións de Xoán Curiel, a Banda do Verán e ilustracións de Iván R., editada por GALAXIA.

 

No libro nárrasenos a historia duns rapaces, Xoán e Jara, que cos seus amigos e amigas deciden montar un grupo de música ao longo do verán. 

 

As cancións deste disco de Xoán Curiel e a Banda do Verán serven de fío condutor para a divertida historia narrada por Charo Pita, acompañada das fermosas ilustracións de Iván R. Diversos estilos como o funk, o rock, o rap, o pop, o reggae ou a bossa nova se encontran nun álbum para nenos e nenas entre seis e doce anos.

10259101_764747136883228_382117730394735
bottom of page